jueves. 06.05.2021 |
El tiempo
jueves. 06.05.2021
El tiempo

O Sagrado Corazón, o particular Cristo Redentor da Chaira

Vista panorámica. C.ARIAS
Vista panorámica. C.ARIAS
Este monumento de 14 metros de alto que se ergue en Santa Locaia fai de vixía da comarca e de lugar de peregrinación para as parroquias da volta

Como un vixía da Terra Chá e recordando inevitablemente ao Cristo Redentor de Río de Xaneiro, e a moitos outros que hai espallados polo mundo, o Sagrado Corazón de Santa Locaia leva facendo de foco de peregrinación desde hai case 90 anos.

Estatua de 2015, réplica da orixinal. S.IGLESIABen por motivos relixiosos, como é a Semana Santa, cando acoden feligreses de dez parroquias do concello de Castro de Rei e doutras próximas, ou ben por ocio, o Sagrado Corazón serve de punto de encontro.

Por el pasa a ruta BTT que vai de Castro de Rei a Outeiro de Rei e a Ruta da Escrita, que enlaza uns metros antes coa do Azúmara, e que en sete quilómetros converte a literatura en eixo central do paseo, con poemas tan chairegos como os seus autores. A carón do protagonista destas liñas fican os versos de Bernardo García Cendán.

Pero o camiño que pisan tódolos pés que chegan ao Sagrado Corazón é o do vía crucis, erixido no ano 1945 desde a igrexa de San Pedro, onde agora se resgarda o cristo orixinal de 1931. Ao longo deses 350 metros aparecen salpicadas as 14 estacións que plasman as imaxes da Paixón de Cristo.

A contorna do monumento supón o tesouro patrimonial de Santa Locaia, acrecentado polas doses de lenda que lle dá o imaxinar que alí está o Monte Medulio, o real.

SAGRADO CORAZÓN

O lugar. O Sagrado Corazón de Xesús atópase na parroquia de Santa Locaia, en Castro de Rei. Érguese no alto do coñecido como o Monte da Escrita e que algúns historiadores identificaron como o lendario Monte Medulio.

Historia. Construíuse en 1931 a iniciativa de Alejandro Rey Stolle, natural de Coea, e en 2015 foi substituído por unha réplica feita por Juan Novo.

Características. Máis alá de estar na cima do monte, o monumento mide 14 metros de alto, dos cales 2,5 correspóndense coa estatua. Pesa uns 3.000 quilos.

Detalle dunha estación do vía crucis. S.IGLESIA  

O Sagrado Corazón, o particular Cristo Redentor da Chaira
Comentarios