sábado. 04.07.2020 |
El tiempo
sábado. 04.07.2020
El tiempo

Sabela escolle outra canción en galego para a final de 'OT'

Sabela Ramil. YOUTUBE
Sabela Ramil. YOUTUBE

A concursante de As Pontes defenderá Tris tras, de Marful

Os cinco finalistas de Operación Triunfo 2018 xa elexiron as cancións que defenderán na última gala do talent, o vindeiro mércores, 19 de decembro. A concursante de As Pontes, Sabela Ramil, escolleu un tema en galego: Tris tras, de Marful.

Esta será a terceira canción en lingua galega que interpreta Sabela dentro do programa, despois de cantar Benditas feridas na gala 2 e Negro caravel na semifinal.

A pontesa competirá por gañar OT con outros catro concursantes: Natalia —cantará Never enough—, Famous —And I'm telling you I'm not going—, Aba —Creep—, e Julia —Déjame ser—.

Tras defender todos as súas cancións o próximo mércores, os tres concursantes máis votados polo público cantarán de novo o seu tema da gala 0 —que no caso de Sabela sería Bachata Rosa— e posteriormente coñecerase ao gañador.

As votacións xa están abertas a través de chamadas telefónicas, mensajes de texto e tamén desde a app de OT.

Sabela escolle outra canción en galego para a final de 'OT'
Comentarios