Rouban de madrugada diverso material e mantecados na panadería pontesa Díaz

Desde o negocio aseguran que os ladróns fixeron unha "desfeita", levando todo o que puideron
A porta forzada polos ladróns. EP
photo_camera A porta forzada polos ladróns. EP

Na madrugada do sábado ao domingo, autores descoñecidos asaltaron a panadería Hermanos Díaz das Pontes, onde se fixeron con diverso material e comida, ademais de provocar danos, cun balance de perdas que os titulares do negocio afectado cifran en preto de 3.000 euros.

"Se llevaron todo lo que pudieron, la caja registradora, dinero en efectivo, una báscula, una batidora comprada hace nada, móviles del despacho, un altavoz que teníamos para poner música... nos hicieron una desfeita, y no se llevaron el material pesado porque no pudieron", enumeran dende a panadería. O domingo chamaban a un cerralleiro para arranxar a porta que os ladróns forzaron para entrar, ao tempo que tentaban facerse co material preciso, como a rexistradora, para poder abrir este luns con normalidade.

Labores de arranxo, este domingo. EP
Labores de arranxo, este domingo. EP

"Hasta se llevaron cajas de mantecados, desayunaron bien", engaden sobre un roubo do que souberon ao redor das sete de mañá deste domingo, cando os chamaron dende un bar próximo, ao que alertou un veciño logo de percatarse de que a porta lateral da panadería, localizada na Avenida de Galicia, estaba forzada.

Desde Díaz teñen claro que os autores do roubo, que achacan a máis dunha persoa dada a maneira de proceder, sabían o que facían, pois asaltaron o local a única noite na que non traballan –a panadería pecha o domingo– e lamentan "la inseguridad que hay en As Pontes", pedindo que se incrementen as medidas.

"El domingo no hay Policía Local y vino una patrulla de la Guardia Civil de Mugardos", din, precisando que ao saber o que pasara alertaron ás forzas de seguridade e este luns presentarán a denuncia. "Hay que denunciar y que se sepa que pasan estas cosas, es importante, porque están robando muchísimo, y si no se denuncia, no se sabe lo que ocurre", aseguran.