martes. 16.07.2019 |
El tiempo
martes. 16.07.2019
El tiempo

Rosa Aneiros recibirá o día 2 en Vilalba o segundo Premio Agustín Fernández Paz

Rosa Aneiros. PEPE FERRÍN
Rosa Aneiros. PEPE FERRÍN

O acto será no auditorio municipal ás 20.30 horas 

A escritora Rosa Aneiros recibirá o próximo sábado, día 2, en Vilalba o II Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade, que gañou con Tres bichiconas, dúas illas e unha serea, unha obra que defende o diálogo interxeracional e que fala dos refuxiados e de grandes problemas sociais dende a mirada dos nenos.

O acto, previsto para as 20.30 horas, desenvolverase no auditorio municipal de Vilalba, da man do Iescha, que convoca o premio xunto con Xerais e coa colaboración do Concello de Vilalba.

Nel intervirán a autora da obra premiada, Rosa Aneiros, así como Marisa Barreiro, a presidenta do Iescha; Agustín Baamonde, o alcalde de Vilalba; Fran Alonso, o director de Edicións Xerais, e Manuel Bragado, que forma parte do xurado.

Durante o acto, que presentará a xornalista Carmen Hermida, están previstas varias actuacións. Haberá música en directo co dúo de Esperanza Iglesias e Aurelio Chao e co formado por Baruk e Rosana Domínguez. Tamén tocarán Buxos Verdes e Corredores de Sombras -formado por Baruk Domínguez, Pilar Maseda e Carmen Mato- apostará por poesía e música. Tamén estará presente a danza con alumnas da Escola de Movemento de Vilalba e máis poesía da man de María Xosé Lamas.

A programación, que incluirá a presentación do cartaz do terceiro premio Agustín Fernández Paz, conta coa colaboración da Asociación de Xordos de Vilalba e completarase cun vídeo-narrativa feito por alumnos do IES Basanta Silva na biblioteca que leva o nome do escritor vilalbés.

Rosa Aneiros recibirá o día 2 en Vilalba o segundo Premio Agustín...
Comentarios