O rexedor de Ribeira de Piquín critica que ante unha urxencia non hai médico

O helicóptero mobilizado. EP
photo_camera O helicóptero mobilizado. EP

O alcalde de Ribeira de Piquín, Roberto Fernández Rico, critica que ante unha urxencia non hai ningún médico no centro de saúde local e esixe ao Sergas que se garanta a presenza dun profesional.

"O mércores houbo un susto cun veciño de Santalla e non había nin un médico para facer unha valoración. O enfermeiro avisou á ambulancia de Meira, que non estaba, e mandaron outra medicalizada e un helicóptero, que chegaron practicamente a un tempo e o paciente foi trasladado en ambulancia", explica o rexedor, que indica que se houbese un médico "ao mellor non era necesario ese despregue, ou si, pero o que está claro é que a valoración médica non se pode facer", di, ao tempo que critica que dende o verán as prazas se cubren "temporalmente e de forma moi inestable".