Sábado. 17.11.2018 |
El tiempo
Sábado. 17.11.2018
El tiempo

Retos e loucuras gastronómicos, novos ganchos para atraer público

Bolo preñado de máis de sete metros que repartiron nas festas de Corbelle, en Vilalba. EP
Bolo preñado de máis de sete metros que repartiron nas festas de Corbelle, en Vilalba. EP

A comisión de festas de Corbelle, en Vilalba, elaborou un xigantesco bolo preñado e un dos bares do lago das Pontes preparará un bocadillo de 100 metros de longo 

Os retos e loucuras gastronómicas están de moda, e son moitos os que apostan polas propostas XXL como gancho para atraer público e curiosos ás celebracións.

A comisión de festas da parroquia vilalbesa de Corbelle estreouse esta fin de semana nesta moda do bo comer cun bolo preñado duns sete metros de longo que prepararon nos fornos da Panadería Martiñán. "Ocorréusenos para levantar un pouquiño as festas e para darlle máis vida ao rural", explican as responsables da comisión de festas, que indican que o saboroso manxar recheo de chourizo triunfou.

"Repartíase gratis e á xente gustoulle. Foi o primeiro ano e como proba estivo ben, para o ano faremos algo máis grande»", din as responsables de organizar as festas da parroquia.  No evento, indican desde espectáculos Xusto, reuníronse unhas 600 persoas dispostas a sumarse ao reto, e sobre todo a catalo.

Nas Pontes, será o bar Date El Gustazo Playa, ubicado no lago, o que se sumará a idea das grandes propostas gastronómicas e celebrará o próximo 14 de setembro o seu sétimo aniversario repartindo gratis trozos dun  bocadillo de cen metros de longo. "Probablemente será de chorizo pero tendrá alguna sorpresa, algún regalito", din os responsables do bar, que indican que o tremendo bocata estará elaborada coa colaboración de dúas panaderías locais. "Iremos uniendo barras lo más grandes posibles", indican.

A celebración incluirá animación con inchables, globoflexia, pintacaras e master class de zumba. Ademais, haberá unha actuación musical con Los Alcántara a partir das 21.00 horas.

Retos e loucuras gastronómicos, novos ganchos para atraer público
Comentarios