jueves. 19.09.2019 |
El tiempo
jueves. 19.09.2019
El tiempo

Restauran e danlle unha nova localización ao cruceiro da Castiñeira

Colocación do cruceiro da Castiñeira. EP
Colocación do cruceiro da Castiñeira. EP
O Concello da Pastoriza, o Proxecto Carboeira e Patrimonio encargáronse da rehabilitación

O Concello da Pastoriza, en colaboración co Proxecto Carboeira, encargouse de poñer en marcha a rehabilitación do cruceiro da Castiñeira, na Rigueira, mentres que a asociación de veciños foi a ideadora da súa recolocación, feita realidade a pasada semana, no lugar das Fontes, moi preto da antiga escola e enfronte do actual campo da festa da parroquia. 

Esta mostra de patrimonio cultural, cedida por Pedro García Abraira ao Concello pastoricense, atopábase no barrio de Carreira, nun espazo no que fai anos os veciños celebraban as patronais e que que actualmente está adicado a terras de cultivo, ao entrar dentro da reestruturación parcelaria. 

Alí estivo "tirado" durante "máis de 35 anos", tal e como explica Mario Saavedra, membro do Proxecto Carboeira, entidade encargada de supervisar os traballos e de dar conta das malas condicións nas que se atopaba o cruceiro.

Nos labores de restauración, cuxo proxecto foi realizado polo goberno municipal da Pastoriza, traballaron dúas integrantes da Secretaría de Patrimonio da Xunta de Galicia, que se encargaron de elaborar a cruz e o capitel de novo, ademais de acondicionar as demais pezas.

Restauran e danlle unha nova localización ao cruceiro da Castiñeira
Comentarios