Un regreso ás aulas sen límite de idade

A Uned Sénior Terra Chá-Eume retoma a normalidade co avance da vacinación e novas propostas formativas achegan a Xermade ou As Pontes as clases para adultos
Alumnos de música, nas naves do campo da feira de Momán, en Xermade. CRISTINA PÉREZ
photo_camera Alumnos de música, nas naves do campo da feira de Momán, en Xermade. CRISTINA PÉREZ

A Uned Terra Chá Eume, que conta con alumnos de Xermade e Guitiriz, vai retomando a normalidad grazas ao avance da vacinación, según confirma o seu coordinador, Luis Ángel Rodríguez Patiño.

O curso, que permitiu ese regreso ás aulas sen límite de idade tan necesario trala pandemia, iniciouse nos mesmos prazos, pero o día a día dos alumnos "que llegaron muy tocados después del confinamiento" non foi igual.

"La gente tenía y aún tiene miedo a salir, a coger el autobús... Al principio las sesiones eran online. Las clases de música las trasladamos a las naves del campo de la feria para que hubiese más distancia, o al exterior", explica Patiño, confirmando que dende hai unhas semanas xa retomaron as sesións na escola de Momán

Unha volta á normalidade na súa formación que lles permite compartir ese tempo tan necesario cos compañeiros, que foron menos que outros anos.

Neste curso atípico a Uned Sénior mantén as clases de historia, medicina ou música

"En Momán teníamos sobre 90 alumnos y este rondamos los 60. En Guitiriz hay en torno a 50, aunque en muchas clases son solo diez o doce", confirma Patiño, recoñecendo que o temor se vai diluíndo coa vacinación. "Lo ven como un triunfo", asegura.

Neste curso atípico, a Uned Sénior Terra Chá-Eume mantén as clases de historia, medicina, informática e música.

Pero ademais desta iniciativa completamente consolidada, van xurdindo novas propostas que permiten aos adultos volver de novo ás aulas. Nas Pontes, durante as últimas semanas, celebrouse a terceira edición dun programa formativo da Universidad Sénior de la UDC, ao que asistiron 49 personas. Debido á pandemia, o formato foi máis breve que en anos anteriores, nos que tamén houbo máis alumnado.

E a este súmase o programa Camiños de Coñecemento e Experiencia, que ofrece seminarios de diversa temática, organizado pola Universidade de Santiago e o Programa Universitario de Maiores (IV Ciclo) dirixido a persoas de máis de 50 anos de idade, coa colaboración da Deputación de Lugo.

Esta proposta recalou por segundo ano consecutivo na escola xermadesa de Cabreiros. Xa se celebrou algunha sesión e de cara a próxima semana haberá tamén saídas.

Comentarios