Reconversión para saír adiante

Anabel, nacida en Alemaña e vilalbesa de adopción, considérase ela mesma «mujer, madre y emprendedora, orgullosa de ser sorda»

Anabel Martínez. EP
photo_camera Anabel Martínez. EP

Aínda que Anabel Martínez naceu en Alemaña, as súas verdadeiras raíces están en Vegadeo, onde recalou cando só contaba cinco anos. Pero foi en Vilalba, concretamente na parroquia de Sancovade, onde atopou a súa vocación como produtora de froitos ecolóxicos grazas á Horta da Sancoveiga.

Dende o 2 de outubro do ano pasado posúe a certificación ecolóxica, que constata o seu bo facer coa terra e a boa calidade da súa oferta, aínda que os inicios da horta se remontan a 2015, un tempo despois de que "la empresa en la que trabajaba como auxiliar administrativa cerrara debido a la crisis", explica, ao tempo que engade que "me di cuenta de lo difícil que era encontrar trabajo siendo mujer, madre, viviendo en el rural y teniendo una discapacidad auditiva".

Anabel Martínez atopou a súa vocación como produtora de froitos ecolóxicos na parroquia de Sancovade, onde creou a Horta da Sancoveiga en 2015

É por iso que o emprendemento a través da produción ecolóxica foi unha vía de escape, "no por moda, sino por conciencia", matiza, porque é "una actividad de futuro, que respecta el medioambiente y protege la salud". No tocante ás trabas, as máis numerosas estaban no acceso a formación, polo que precisa dun intérprete que lle axude a sortear as barreiras "como el papeleo o telefonear".

Anabel, que padece xordeira, cre que o obxectivo está en sensibilizar, porque "mucha gente no sabe lengua de signos, pero tampoco comunicarse con nosotros"

Esta emprendedora insiste no dereito a aprender en igualdade de condicións, "sino pierdes la autoestima", polo que recalca a importancia de que exista un 3 de decembro, "para visibilizar el colectivo". "Soy mujer, madre y emprendedora, orgullosa de ser sorda, pero quedan barreras por eliminar", xa que, tal e como di, existen prexuicios por parte das empresas. ¿Un obxectivo? "Sensibilizar. Queda mucha gente que no sabe lengua de signos, pero tampoco saben comunicarse con nosotros".

Comentarios