Reclaman a apertura do centro de saúde de Castro de Rei

A concentración, convocada polo BNG para pedir melloras sanitarias reuniu ao redor de cen persoas
Asistentes á concentración, ante o consultorio de Castro de Rei. M.R.
photo_camera Asistentes á concentración, ante o consultorio de Castro de Rei. M.R.

Preto dun cento de persoas deuse cita o domingo na concentración convocada polo BNG en Castro de Rei para reclamar a apertura do centro de saúde da localidade e en defensa da sanidade pública.

Esta é a segunda convocatoria deste tipo que promove o grupo municipal nacionalista, despois da celebrada hai aproximadamente un mes xunto ao centro de saúde de Castro de Ribeiras de Lea, que se viu afectado nos últimos meses pola falta de facultativos. Entón iniciouse tamén unha recollida de sinaturas que contou finalmente cuns 600 apoios que se entregaron no rexistro do Hula.

A deputada por Lugo do BNG, Carme Aira, pediu aos asistentes que se mantivesen na loita por recuperar o centro de saúde e sinalou que a resposta de Sanidade ás anteriores movilizacións foron accións para axilizar o servizo, "pero a realidade é que non existen melloras".

A concelleira Digna Lagarón apuntou que se dará un tempo prudencial para ver se se atenden estas demandas e que se non haberá novas mobilizacións.

Ambas explicaron tamén que se aprobaron por unanimidade, nun pleno municipal e a semana pasada na comisión de Sanidade do Parlamento galego, sendas propostas para a reactivación do consultorio de Castro de Rei e a dotación de persoal no centro de saúde de Castro.

Comentarios