Raúl Rodríguez: "Para nós chegar aos 15 anos é todo un fito, algo moi especial"

Entrevista co xerente da funeraria tanatorio Azahar
Raúl Rodríguez. EP
photo_camera Raúl Rodríguez. EP

Xa son 15 anos abertos e prestando servizos á veciñanza vilalbesa. Dinse rápido, pero en funeraria tanatorio Azahar valoran moito a todas as persoas que depositan a súa confianza neles, e quérena agradecer coa celebración deste significativo aniversario, cunha xornada de actos e actividades no propio lugar este sábado, día 9, a partir das 9.30 horas da mañá, que é cando abrirán as súas portas.

Como xorde a idea de facer algo especial aproveitando estes 15 anos?
Fixeime en que as grandes e medianas empresas celebraban os seus aniversarios ao cumprir determinados anos abertos, e pareceume unha moi boa idea. Para nós chegar aos 15 é todo un fito, algo moi especial, xa que hai quen di que se un negocio vive 15 anos xa aguanta ata cando queira.

Cales van ser os actos máis significativos?
A bendición do tanatorio polo bispo Fernando García Cadiñanos, ás 10.00 horas, é un dos que máis. A funeraria non se bendí dende a súa apertura, e que o faga el neste aniversario é bonito. Tamén a misa en nome de todos os falecidos na comarca, oficiada por Antonio Domínguez, despois da bendición, e tralo remate desta, a solta de globos brancos ao ceo, en lembranza dos nenos falecidos na comarca.

Tamén van ter unha charla e visitas guiadas polo tanatorio?
Si, a charla chámase ‘La neurodiversidad y el duelo’, e nela vou falar de como ás persoas non neurotípicas poden afrontar un dó e comportarse ante el, xa que é algo ante o que non hai coñecemento, e é importante. Se funciona, temos pensado facer máis nun futuro sobre diversos temas. E as visitas son para que coñezan as instalacións dende dentro.

Que expectativas teñen para o futuro?
Seguir medrado. Temos moitas ideas, algunha moi atrevida, e servizos novos como os enterros personalizados, os ecolóxicos ou tamén os velorios online.

Comentarios