O ‘rastrillo’ da confraría de Meira recada 1.520 euros para unha familia

"A xente colaborou moito con esta iniciativa e hai que agradecelo", expresou o párroco, Miguel Asorey
A familia que reicibiu a donación. T. LÓPEZ
photo_camera A familia que reicibiu a donación. T. LÓPEZ

O tradicional rastrillo que a Confraría Nosa Señora do Pedregal de Meira organiza cada Nadal recadou 1.520 euros este ano, que se destinan de forma íntegra a axudar a unha veciña da vila cuxa familia vive en Honduras e acaba de perdelo todo nas inundacións do mes de novembro.

"A xente colaborou moito con esta iniciativa e hai que agradecelo", expresou o párroco, Miguel Asorey, que indicou que con estes fondos a familia poderá comprar ventás e cambiar o teito e a instalación eléctrica da súa vivenda.

Comentarios