Un pulo para as tabernas do rural vilalbés

Unha ducia de mozos participou nunha ruta por máis de 20 locais das aldeas do municipio
Participantes na ruta. EP
photo_camera Participantes na ruta. EP

Unha ducia de mozos veñen de participar nunha ruta por varias tabernas das aldeas de Vilalba co obxectivo de darlles visibilidade ante a "complicada situación" que viven tras as restriccións pola pandemia de covid-19 e, tal e como lamentan, "a falta de axudas" por parte das administracións.

O grupo de rapaces percorreu máis de 20 locais das aldeas do concello vilalbés na terceira edición do seu particular roteiro, que agardan seguir celebrando nun futuro, xa que o pasado ano se viron obrigados a suspendelo debido á crise sanitaria.