O proxecto As Pontes enPezas recolle ideas ata o día 3 para decorar os pasos de peóns

As persoas interesadas en participar poden deixar as súas propostas, que deben ser orixinais e non ter máis de 85 caracteres, na biblioteca municipal ou a través do código QR da iniciativa
Un dos proxectos do As Pontes enPezas, que representa a García Rodríguez. C.ARIAS
photo_camera Un dos proxectos do As Pontes enPezas, que representa a García Rodríguez. C.ARIAS

O proxecto artístico As Pontes enPezas, que impulsa o Concello pontés para humanizar e mellorar a estética da vila, está a recoller propostas para decorar os pasos de peóns.

Ata o vindeiro día 3 de agosto, as persoas interesadas en colaborar e presentar a súa idea poden facelo achegándose ata a biblioteca municipal para deixar por escrito a súa contribución, xunto aos seus datos persoais, ou facelo a través do código QR que se pode atopar na web ou nas redes sociais da iniciativa.

"Axúdanos a cubrir os pasos de peóns con frases, versos, pensamentos, microrrelatos ou calquera outra forma de escrita breve", indica a campaña, na que os únicos requisitos a cumprir son que a proposta teña entre 15 e 85 caracteres e que sexa orixinal e non unha copia doutro autor.

Para máis información sobre o proxecto ou sobre esta iniciativa pódese visitar a web enpezas.aspontes.org ou remitir un correo a [email protected].

Comentarios