Croketas D' de Precoalvi

Produto gourmet vestido de sinxeleza

Precoalvi produce 70 toneladas anuais de croquetas caseiras con 15 receitas, todas elas feitas con produtos de proximidade

Ligia Marques, responsable de produción de Precoalvi. S. IGLESIA
photo_camera Ligia Marques, responsable de produción de Precoalvi. S. IGLESIA

Se hai un bocado que une persoas e gustos é a croqueta. Tan elemental como ruín se non se fai do xeito adecuado, pero que se converte nunha exquisitez se se fai con bo produto «y de proximidad». Ese é o método de traballo que seguen en Precoalvi dende que naceu en 2015, da man de Jacobo e Javier Viaño e Marcos Álvarez. Das instalacións de Castro Ribeiras de Lea saen diariamente miles de croquetas caseiras, ademais de tigres —mexillón recheo de bechamel rebozado—, concretamente 24.000 unidades, o que supón unha carga anual de 70 toneladas «y subiendo», matiza Ligia Marques, responsable de produción da empresa.

O segredo para converter unha croqueta calquera nunha Croketa D’ atópase en «utilizar buena materia prima. La bechamel la hacemos nosotros y la modificamos en función del ingrediente principal para que no salga ni muy líquida ni muy espesa. El producto protagonista siempre nos viene en piezas enteras, no hacemos croquetas de recortes». A última receita incluída na longa lista de variedades é a de carabineiro, que se suma a outras 14. Entre elas, a que colleita máis éxito é a de cecina con queixo San Simón, seguida da clásica de xamón. Ademais, neste ano prevén sacar outras dúas receitas «que serán sorpresa», engade Ligia.

Croketas D' pode adquirirse en pequenas tendas, como na parafarmacia de Gema, en Lugo, e na pescadería Mari Paz da praza de abastos

Ela mesma confirma que o que máis valoran os consumidores é «sin duda, la cremosidad y el sabor», xa que tal e como conta, «si queremos añadir sabor, no le echamos potenciadores, sino que metemos más ingrediente», recalcando a importancia de facer un produto sen aditivos e polo que se pode chamar «casero». É o traballo delicado e personalizado polo que, de momento, non se pode atopar en grandes supermercados, senón en pequenas tendas —en Lugo pódense mercar na pescadería Mari Paz da praza de abastos e na parafarmacia de Gema—, así como en restaurantes

Logo de case catro anos de andaina, os personaxes baseadas en persoas do contorno de Precoalvi que ilustran os envases de Croketas D’ están presentes en todo o territorio español e con ánimos de aumentar, sempre guiándose polo carácter supremo que caracteriza os produtos, sometidos á normativa IFS que garante a calidade. Logo, só queda quentar ben o aceite e deixarse levar por unha humilde delicatessen.

Comentarios