Abadín

As primeiras semanas da área de servizo do Rei das Tartas superan as súas propias expectativas

Abadineses e xente de paso fan uso das modernas instalacións situadas en Galgao
Inauguración da área de servizo do Rei das Tartas na A-8. X.PONTE
photo_camera Inauguración da área de servizo do Rei das Tartas na A-8. X.PONTE

O pasado 4 de decembro inaugurábase a primeira área de servizo da autovía A-8 ao seu paso por Galicia e facíao en Galgao, no concello de Abadín, da man de Carlos Folgueira, O Rei das Tartas. Cando non pasou nin un mes, o mindoniense fai unha valoración "máis ca positiva" pola acollida que está tendo, "tanto pola xente de paso como polos veciños de Abadín", e recoñece que está superando as súas expectativas porque "cría que ía ser un proceso máis lento". 

Das modernas instalacións, situadas na saída 552, os clientes valoran a localización, o amplo aparcamento, a marca Repsol, os produtos que ofrece e a gastronomía, "con menús caseiros", e comodidades como a terraza con vistas á Xesta e ao Fiouco, o parque canino e o parque infantil. Ademais, conta con sala de lactancia e duchas para transportistas.

Así mesmo, Folgueira explica que neste establecemento quixo facer unha homenaxe para o seu pai e nel poden verse fotos e premios do anterior O Rei das Tartas, un busto del e un "trono" no que os clientes se poden retratar. Un local feito para albergar a viaxeiros e abadineses que se suma á oferta hostaleira do concello. 

Supermercado: 24 horas durante os 365 días do ano
O supermercado abandeirado por Claudio Express, da franquicia Gadisa, está aberto as 24 horas durantes os 365 días do ano. A tenda ten 100 metros cadrados e ofrece un milleiro de produtos, dende artigos de limpeza ata hixiene ou gastronomía.

Comentarios