sábado. 15.08.2020 |
El tiempo
sábado. 15.08.2020
El tiempo

Premios de viaxe ao pasado pontés

Vaso campaniforme. EP
Vaso campaniforme. EP
A asociación de estudos históricos Hume organiza o venres 28 a entrega de galardóns do certame que convoca para afondar nas raíces da vila 

Como custodios da memoria, a asociación de estudos históricos Hume entregará o venres 28 os galardóns do certame que convoca de forma anual para afondar nas raíces da vila e poñer en valor a historia. Aínda que antes, este venres, presentarán un novo número da súa revista. Ambos actos serán ás 20.00 horas na Casa Dopeso.  
 

Traballos exhumación 2006Rafael García e Conchi López gañaron o concurso de 2019 co traballo A violencia no Golpe e na retagarda galega. O Concello das Pontes, 1936-1939.

"Abarcamos o período do golpe, como se desenvolveu este e a retagarda, pero para iso tamén falamos das tendencias que había antes, na República, e intentamos poñelo en relación con sucesos máis alá das Pontes", explicaba Conchi López, unha das autoras do traballo premiado.

A investigación destes dous santiagueses, ambos historiadores, céntrase, dende un aspecto micro, nas dinámicas sociopolíticas da República, a irrupción da Guerra Civil nas Pontes ou da propia represión, con datos sobre os detidos ou os paseados no municipio.  

E Frank Manuel Díaz e Ruxandra Guillama quedaron segundos con Novos aportes ás migracións pontesas a Cuba: asociacionismo e variacións residenciais.

DSC_0201O caso do segundo premio do certame de Hume, realizado por dous cubanos con avós españois e actualmente afincados en Madrid e Ourense, fala da migración galega e da recuperación da memoria. 

"Nuestras tesis giran en torno a ese tema, no es casual y nuestro objetivo era reconstruir la trayectoria de los emigrantes de As Pontes y explicar cómo se juntaban por barrios una vez que llegaban a La Habana", explica Frank Manuel Díaz, que fala de "redes familiares y de procedencia". 

"En la Habana de inicios del siglo XX los ponteses se establecieron en las zonas urbanas más centralizadas: la Habana colonial y la Habana de extramuros, cuyas facilidades de acceso urbanístico los convertían en lugares prósperos para la inserción laboral o la prosperidad de un negocio propio", explican os autores que falan de que como moitos emigrados dedicábanse á bisutería, coa apertura de tendas ou casas de empeño. 

"As Pontes era una pequeña localidad gallega, el municipio Habana era el centro económico y político de todo el país. Una capital en pleno momento de expansión y crecimiento territorial. Las cifras de la población a principios del siglo XX dan fe del contraste entre la sociedad emisora y la receptora (menos de 5.000 habitantes, entre 300.000 y 500.000 respectivamente)", explican os autores, que destacan que gran parte das remesas recibidas polos emigrados destináronse a construir escolas e que destacan a importancia que tivo a emigración na construción da pertenencia. 

"Presentáronse sete traballos  de moita calidade o que fixo difícil a tarefa de avaliación", indica Manuel Souto, o presidente da entidade, que confirma que por ese motivo este ano concederon un accésit á vilalbesa Miriam Fernández Otero por O vaso campaniforme da Vilavella

Unha revista, nove artículos 
1. José Manuel Yáñez O gañador do anterior certame escribe das pontes das Pontes. 
2. María Belén Vázquez Presenta o traballo que levou o segundo premio, dos muíños. 
3. Xavier Brisset Aborda a emigración infantil en Galicia. 
4. Ovidio García O pontés fala da Banda de Ribadeume e do seu director Juan Vázquez. 
5. Lela Castelo Presenta un artigo sobre Roupar. 
6. Xoán Carlos Breixo O historiador fala de Pedro Fernández de Solloso. 
7. Manolo Ares Fala domonte Medulio no Meidelo. 
8. Manuel Souto Escribe sobre a mina pontesa.  
9. Nieves Seijo, Fina Blanco e Marisol Souto Academias das Pontes. 

 

Premios de viaxe ao pasado pontés
Comentarios