martes. 31.03.2020 |
El tiempo
martes. 31.03.2020
El tiempo

Premian a curta 'Maruxa' creada por alumnos do Ceip Avelino Díaz de Meira

Fotograma da curta realizada por estudantes de Meira. EP
Fotograma da curta realizada por estudantes de Meira. EP

O traballo, que concurriu ao certame Nós tamén creamos!, pode verse na sección infantil da web da Televisión de Galicia

A Xunta de Galicia deu a coñecer este venres, a través do portal educativo e do portal da lingua galega, que a curtametraxe Maruxa, creada por alumnos do Ceip Avelino Díaz de Meira, se fixo cun galardón na oitava edición dos premios a curtas de animación en galego Nós tamén creamos!, convocados conxuntamente coa CRTVG en colaboración con OQOeditora.

O traballo audiovisual dos escolares meiregos logrou o recoñecemento do xurado na modalidade de terceiro e cuarto de primaria, polo que recibirán un lote de libros, un diploma acreditativo e un agasallo da corporación de radio e televisión de Galicia.

Ademais, o profesorado participante nas curtas galardoadas obterá unha certificación de Premio de Innovación Educativa da Consellería de Educación.

Nós tamén creamos! é un programa de dinamización que busca, mediante a elaboración de curtas de animación en galego coa técnica stop-motion, favorecer a innovación educativa para promover xeitos cada vez máis efectivos de aprendizaxe de linguas, ademais de lograr unha relación positiva dos rapaces co idioma propio ao relacionalo coas TICs.

Ao galardón do Ceip Avelino Díaz de Meira sumáronse os premios concedidos ao Ceip Ponte dos Brozos, de Arteixo, polo filme "Cantas pingas na cidade", e ao centro de educación especial Terra, de Ferrol, polo traballo "Andrés cabeza abaixo".

Premian a curta 'Maruxa' creada por alumnos do Ceip Avelino Díaz de...
Comentarios