O Porto da Pena celebra unha tímida xira

A pesar do aprazamento por parte da comisión algún grupo acercouse ata o lugar coas súas merendas
Un grupo de amigos no Porto da Pena hoxe. TEÓFILO LÓPEZ
photo_camera Un grupo de amigos no Porto da Pena hoxe. TEÓFILO LÓPEZ

A tradicional xira de Meira aprazada o martes pola comisión de festas recibiu este mércores algún grupo de familiares e amigos que decidiron celebrar as súas merendas a pesar das previsións de choiva e do cambio de data do festexo.

As condicións meteorolóxicas finalmente foron máis favorables do esperado, e o campo da festa non presentaba grandes complicacións, o que fixo que os veciños meiregos se achegaran ata o Porto da Pena para festexar o día da xira. Iso si, sen desfrutar de actuacións musicais nin xogos tradicionais, pois quedan reservados para o vindeiro sábado, data para a cal a organización das patronais decidiu mover a cita.

A mesma comisión que anunciaba este martes a través das súas redes sociais o aprazamento da tradicional xira, horas máis tarde empregou o mesmo medio para pedir desculpas polas molestias ocasionadas e para aclarar que se trataba dunha decisión "que non foi fácil e moito menos a capricho". Emprazando ademais a todos aqueles que o desexaran a acercarse este mércores ata o Porto da Pena.

Comentarios