miércoles. 16.10.2019 |
El tiempo
miércoles. 16.10.2019
El tiempo

As Pontes celebrará o San Xoán cunha nova edición da Noite Meiga

Celebración nas Pontes. AEP
Celebración nas Pontes. AEP

O programa, que se desenvolverá na Canle IV, inclúe obradoiros, microteatro, maxia o espectáculo 'Lume' con Troula Animacións e música con Assia e Broken Peach

O Concello pontés está ultimando os preparativos do San Xoán, que un ano máis se celebrará o día 23 de xuño na Canle IV, cunha nova edición da Noite Meiga.

O programa do evento arrincará ás 18.00 horas coa representación musical da obra A bruxa Zalaira. A continuación, haberá un obradoiro de caracterización de bruxas e pintacaras —dirixido a nenos de seis a doce anos— e un espectáculo de canta e baila con xogos de música e un conxuro para alonxar as ánimas.

A partir das 20.00 horas, un teatro sobre rodas sorprenderá aos presentes con espectáculos de clown e malabares, cunha pequena peza de microteatro —da que haberá varios pases de 15 minutos cada media hora— e coa actuación de Fredi&Cía.

Magia en la manga será o espectáculo co que se pecharán as actividades dirixidas aos máis pequenos, e ás que lle seguirán a actuación musical do grupo Broken Peach, en torno ás 22.00 horas.

Este concerto servirá de antesala ao gran espectáculo de Lume que porá en escea Troula Animacións, e que traerá consigo demos, trasgos e diaños xunto ás faíscas da fogueira de San Xoán que se prenderá á media noite.

A festa, que previsiblemente se prolongará ata ben entrada a madrugada e na que haberá unha sardiñada popular a partir das 20.30 horas —o prezo será de 10 euros por persoa, continuará coa actuación musical de Assia.

As Pontes celebrará o San Xoán cunha nova edición da Noite Meiga
Comentarios