Recunchos a Descubrir

Ponte de Saa: Un símbolo Medieval en pleno Camiño Norte

A histórica pasarela de pedra que permite sortear as augas do río Labrada é un dos elementos máis fotografados da etapa 30 do itinerario a Santiago de Compostela
Ponte de Saa. M.MANCEBO
photo_camera Ponte de Saa. M.MANCEBO
PONTE DE SAA (5)O lugar
Pódese acceder á ponte dende o estrada N-634. En sentido Baamonde, hai que coller un desvío á man dereita no quilómetro 24. Despois hai que pasar por debaixo dun dos viaductos da autovía e botarse a camiñar uns metros máis abaixo.
Etapa 30
É un dos elementos máis fotografados da etapa 30 do Camiño Norte, que une a capital chairega con Baamonde.
Curiosidades
Un debuxo desta ponte elaborado pola artista cospeitesa Pilar López Cupeiro decora una das habitacións do hostal Terra Chá de Vilalba

PONTE DE SAA (54)Rodeada da natureza verde típica destas latitudes pese a súa proximidade coa estrada nacional ou coa autovía, a Ponte de Saa, localizada na parroquia vilalbesa de San Bartolomeu de Insua, eríxese como un símbolo medieval en pleno Camiño Norte a Compostela.

Aínda que a orixe da súa construción se remonta á Idade Media, foi modificada en varias ocasións e rehabilitada non fai moito tempo, o que lle permite mostrar unha imaxe renovada á vista das miradas curiosas dos peregrinos que chegan procedentes dende distintas partes do mundo a terras vilalbesas.

A ponte, construída en pedra, permite sortear as augas do río Labrada —afluente do Ladra, que o é á súa vez do pai Miño—. Conta cun grande ollo apuntado e varios aliviadeiros para as crecidas, todos de arco de medio punto.PONTE DE SAA (32)

Ao seu carón hai unha área verde na que o camiñante pode tomar un respiro ou gozar da fermosa paisaxe sen máis interrupcións que o canto dos paxaros ou, en ocasións contadas, a conversa dalgún veciño da zona.

E é que a tranquilidade que envolve este lugar, xunto co seu histórico pasado, son os principais atractivos que fan da Ponte de Saa un recuncho que ben merece a pena ser descuberto.

Comentarios