Que sensacións hai a un día da súa reapertura?
A sensación é de moito nerviosismo, pero tamén estou moi contento polo ben que está respondendo a xente, sobre todo polas redes sociais. A verdade é que estou bastante expectante a ver que pasa.
Ademais parece que a idea de fixar rutas de autobús está a funcionar moi ben.
Si, témolas todas cheas. Puxemos un servizo de bus dende Ribadeo, Vegadeo, Burela, Viveiro e Lugo, que a comezos de semana xa estaba completo, e tamén dende Guitiriz e dende a A Fonsagrada. E tamén sabemos que hai xente que puxo autobuses pola súa propia conta, por exemplo dende As Pontes.
É unha iniciativa que se vai repetir os vindeiros venres?
O noso plan é repetilo tódolos venres, recuperando un pouco o espírito do vello Noitebús. O teleléfono de información e de reservas, a través de whatsapp, é o 605.25.18.79.
Puxemos un servizo de bus dende Ribadeo, Vegadeo, Burela, Viveiro e Lugo, que a comezos da semana xa estaba completo
A xente que asista, que vai atopar do Tibor na Hermo?
Vanse encontrar coas mesmas ganas e co mesmo optimismo.
E que van atopar da vella Hermo na nova Hermo?
Vai haber bastantes recordos dos vellos tempos, tiraremos moito do remember.
Que hai programado para este venres?
Estando próximo á noite de Halloween, haberá decoración especial e maquilladores, ademais da música de Cosmedeejay, Hugo Leivas, Manu Chady e Dj Frisco e Marcos Peón, que farán o set especial Hermo Gold Edition.
Estes nomes repetirán actuación noutras noites?
Algúns si, pero tamén virán outros e haberá actuacións en directo, seguindo unha liña parecida á que había antes.
O día da reapertura, os que nos acompañen poderán sumar ata catro consumicións gratis
E as consumicións?
Este venres, e como recompensa a todos aqueles que nos veñan acompañar na nosa reapertura, poderanse sumar ata catro consumicións gratis si se reúnen as condicións. Ademais de por mercar a entrada, obteranse si se vén en autobús e por acudir disfrazado.
Que é para vostede a discoteca Hermo?
Moito, para min é unha institución. É unha das discotecas con máis antigüidade de Galicia e unha das que ten máis sona. É incrible que despois de tantos anos funcionando siga todo en tan bo estado, os equipos e o resto das instalacións.
Que afluencia agarda ver de novo por Muimenta?
Bastante, cremos que vai haber xente de tódolos lados polas mensaxes que xa nos foron chegando nestes días.