domingo. 05.04.2020 |
El tiempo
domingo. 05.04.2020
El tiempo

Pide axuda para buscar o seu can, perdido hai 5 meses en Pol

Bali, o can de Fátima Fugarolas. EP
Bali, o can de Fátima Fugarolas. EP

A dona de Bali, un golden retriever de oito anos e con microchip, non perde a esperanda de dar coa súa mascota, desaparecida en xullo

Fátima Fugarolas non perde a espereranza de dar co seu can, Bali, un golden retriever de oito anos, que a acompaña dende que era un cadeliño, malia que leva desaparecido dende xullo, cando se lle perdeu a pista en Pol.

Aínda que reside en Lugo, Fátima acudía con regularidade á parroquia polega de Gondel, onde o can marchou con outros na procura dunha cadela en celo. "Foi cara a zona do Cádavo", lembra Fátima, que precisa que daquela buscaron tanto en Baleira como en Castroverde ou Ribeira de Piquín, colocando carteis para tentar dar co animal, que ten microchip.

"Chamounos moita xente, pero case todos eran avisos de mastíns", conta. Pouco a pouco, as chamadas foron cesando, ata que unha amiga que ten un can da mesma raza que o seu, a animou a reactivar a busca a través das redes sociais e dos medios. E de novo chegaron os avisos: "Charmaron de Muimenta e fomos ata alí, pero non era el", di.

"É un can moi bo, aínda que sexa grande", apunta Fátima por se alguén o vise

Bali acompaña a Fátima dende que esta volveu de Madrid e apostou por ter un can. Escolleu un golden retriever "porque son moi nobles, cariñosos e con bo carácter", características todas aplicables á súa mascota, da que explica que "adoitaba ir solto e había moita xente en Lugo que o coñecía, estaba afeito a parar nos pasos de peóns e nos semáforos".

"É un can moi bo, aínda que sexa grande", apunta Fátima por se alguén o vise, pedindo que o recollan a que chamen ao 630.48.07.63 ou ao 669.87.04.46. Incide ademais na importancia de avisar cando se ve un animal que pareza perdido, xa que pode ser que os donos o estean buscando.

Fátima tamén lle dá as grazas "a tódalas persoas que nos axudaron a buscalo" e "ás persoas que coa súa tolerancia e amor cara aos animais fan que estes poidan disfrutar e ter mais liberdade á hora de acompañar os donos, especialmente nas cidades".

Pide axuda para buscar o seu can, perdido hai 5 meses en Pol
Comentarios