miércoles. 20.01.2021 |
El tiempo
miércoles. 20.01.2021
El tiempo

Peludiños, cinco anos de axuda

Alba Cornide, Ana Paredes e María Pereira. EP
Alba Cornide, Ana Paredes e María Pereira. EP
A asociación vilalbesa pecha unha traxectoria na que conseguiu casa a 250 animais, entre cans e gatos. Tras atopar familia aos nove últimos que quedaban na canceira, despídense

Tras moitas horas de traballo, esforzo, axuda de voluntarios e loitas individuais e colectivas, a asociación vilalbesa Os Peludiños pecha con 2020 unha etapa de cinco anos -máis de 1.800 días- na que conseguiron casa a uns 250 animais, entre cans e gatos.

"Este 2020 cerrámolo (en parte) da maneira que non nos gustaría, pechando as nosas instalacións. Pero pechámolas sabendo que fixemos todo o posible e máis por sacar adiante centos de vidas durante estes anos. Agradecémosvos a todos os que nos axudastes, colaborando e apoiando durante todo este tempo, estamos infinitamente agradecidas", despedíanse as responsables do colectivo dende os últimos dous anos, Ana Paredes, Alba Cornide e María Pereira, ao tempo que indicaban que seguirán "apoiando a outras asociacións", coas que colaborarán "en todo o que precisen".

"É unha sensación agridoce. Dáme moitísima pena que acabe, son moitos anos, moitas horas, pero a realidade é que non podiamos seguir como ata agora por falta de apoios, de voluntariado", explica Ana Paredes, a presidenta da entidade.

"Sacrificas a túa vida persoal, pero compensa cando ves que un animal se vai coa familia axeitada"

Os Peludiños, pese a que xa traballaba dende antes, fundouse como tal en 2016 e, ademais de prestar coidados e buscar familias para os animais sen fogar, naceu como un colectivo activo que organizou diversas actividades.

Carmiña, con algúns dos animais. JOSÉ LUIS TOMÉ"A máis importante sempre foi a nosa querida Carmiña, que se encargaba da limpeza e a alimentación dos animais a diario e permitíanos ter máis tempo", destaca Ana, que recorda a unha veciña que adicou nove anos, ata o seu falecemento, ao coidado da canceira de forma desinteresada.

A principios de 2020, "ante a falta de tempo e de apoios", a asociación vilalbesa anunciou o seu cese, non sen antes buscar residencia aos animais que nese momento estaban nas instalacións municipais que xestionaban.

"Os canís estaban completos. Había nove animais", di Ana, mentres explica que, antes de despedirse, conseguiron fogar para todos eles. "Non foi fácil porque eran cans grandes, tipo pastor e mastíns, e maiores, pero conseguímolo", di, ao tempo que bota a vista atrás e fai balance.

"O mellor, evidentemente, son todas as vidas que salvas, pero é moi duro porque sacrificas a túa vida persoal, aínda que compensa cando ves que un animal se vai coa familia axeitada", di, mentres no outro lado da balanza coloca "tanto tempo pelexando sen conseguir nada, porque ninguén se involucra nin fai cumprir a lei de benestar animal. As asociacións deste tipo agonizan e as administracións poñen moitas trabas".

Peludiños, cinco anos de axuda
Comentarios