domingo. 07.03.2021 |
El tiempo
domingo. 07.03.2021
El tiempo

RECUNCHOS A DESCUBRIR

Paseo dos Soños (Vilalba): Unha senda cultural no corazón da Terra Chá

Inicio do Paseo dos Soños a carón do río Magdalena. MARTA MANCEBO
Inicio do Paseo dos Soños a carón do río Magdalena. MARTA MANCEBO
Un monolito de pedra dedicado a Paco Martín e instalado nas inmediacións do Muíño do Rañego, un fermoso inmoble rehabilitado no ano 2002, marca o inicio do Paseo dos Soños
O lugar
A ruta, que se inicia no Muíño do Rañego, discorre a carón do río Magdalena, en Vilalba.
Características
O paseo, só accesible a pé, é de 2,5 quilómetros, e permite contemplar varias pontes, muíños, a praia fluvial ou a área recreativa, ademais de fitos en homenaxe a figuras do mundo da cultura e das letras.
Curiosidade
A pandemia obrigou a cancelar ata en dúas ocasións o último Hectómetro Literario, que rende tributo a Fernán Vello. En 2021 o homeaxeado será Víctor Corral, que creará a súa propia peza.
 

Muíño do Rañego. MARTA MANCEBOUn monolito de pedra dedicado a Paco Martín e instalado nas inmediacións do Muíño do Rañego, un fermoso inmoble rehabilitado no ano 2002, marca o inicio do Paseo dos Soños, unha ruta literaria en pleno corazón da capital chairega que invita a soñar e a respirar a natureza máis pura.

O murmurio do Magdalena acompaña ao camiñante en cada paso por unha senda ben acondicionada e sen moita dificultade nin artificio, que mestura zonas de pedra con pontes de madeira que permiten cruzar ata en varias ocasións o río para salvar pequenas presas nas que a auga amosa a súa forza máis vigorosa preto de muíños máis ou menos conservados.

Héctometro Literario dedicado a Ramón Chao. MARTA MANCEBOCada cen metros exactos, un fito lembra figuras do mundo das artes desta fecunda comarca, unha iniciativa posta en marcha en 2006 pola Irmandade Manuel María e a asociación cultural Xermolos co obxectivo de render unha homenaxe que perdurase no tempo a todos aqueles que contribuíron a engrandecer a Chaira.

Nomes propios entre os que figuran Margarita Ledo, Xabier P. Docampo, Agustín Fernández Paz, Mini e Mero, Alfonso Blanco, Ramón Chao ou o mesmísimo inventor da Terra Chá, Manuel María. 

Paseo dos Soños (Vilalba): Unha senda cultural no corazón da Terra Chá
Comentarios