jueves. 04.03.2021 |
El tiempo
jueves. 04.03.2021
El tiempo

RECUNCHOS A DESCUBRIR

Un paseo eléctrico na Ribeira do Eume

undefined
Senda de Calvo Sotelo, As Pontes. C.ARIAS
A Senda de Calvo Sotelo ofrece un novo lugar para camiñar por As Pontes

A contraposición entre natureza e enerxía, verde e azul fronte a gris... é unha sensación continua na nova Senda de Calvo Sotelo, unha ruta que emerxe no casco urbano dun municipio cun importante peso industrial que aquí queda claro a cada paso e que camiña entre árbores e máquinas. 

                               Flanqueda polas chemineas da central térmica e das do ciclo combinado e rodeada de conexións de alta tensión e antigas construcións das primeiras fábricas, a nova senda discorre serpenteante nunha viaxe no tempo dende o corazón do maior municipio produtor de enerxía de España, polo menos ata o de agora.

E faino dende o pasado, a principios do século XX coa posta en marcha da fábrica de abonos de Enfersa e a primeira térmica de Calvo Sotelo, e pasa polo presente da man do xigante de Endesa ata chegar ao futuro, e as dúbidas sobre qué lle deparará o tempo a un símbolo que multiplica a súa imponente altura —356 metros— co seu reflexo no río. 

Pero a nova senda, ademais de ofrecer un paseo eléctrico, abre o Eume a novas perspectivas, que inclúen unha illa á que pronto se poderá acceder, ganando así un lugar con moita historia onde naceu outro dos grandes símbolos da vila, a máis que centenaria Festa da Fraga. 

undefined

O lugar
A Senda de Calvo Sotelo inaugurouse este ano descubrindo un espazo ata o de agora inaccesible para os veciños, xa que os terreos eran propiedade de Endesa. 
Historia
Cando a eléctrica apostou por adaptar a térmica á normativa europea de emisións —antes de que o futuro da central se truncase— comprometéronse as obras dunha nova circunvalación ao pechar a AC-861 e o proxecto incluía novas sendas. 
Características
A nova ruta mide 1,6 quilómetros e inclúe varios puntos de interese con seis paneis informativos. 

undefined

Un paseo eléctrico na Ribeira do Eume
Comentarios