Parga únese contra o proxecto de Adif e crea unha plataforma

Este domingo está convocada unha reunión aberta, que se celebrará ás 13.00 horas no local dos pulpeiros, para recoller propostas e formar grupos de traballo

Recollida de sinaturas na feira de Parga. EP
photo_camera Recollida de sinaturas na feira de Parga. EP

Os veciños de Parga dan un paso máis na súa oposición ao proxecto presentado por Adif para suprimir os pasos a nivel da vila coa creación da plataforma #PARGANONSEDIVIDE, que este domingo aproveitou a celebración da feira dominical para continuar recollendo sinaturas en contra da posibilidade da construción dun túnel soterrado para os vehículos. 

Dende a plataforma explican que a través desta nova campaña sumaron máis dun cento de novos apoios ás sinaturas físicas que xa viñeron recollendo nas últimas semanas, polo que xa superan as 750. Ademais, contan con outras 1.440 dixitais, froito da campaña desenvolvida en Change.org, "polo que o total farían máis de 2.100 sinaturas en contra do
proxecto de supresión de pasos a nivel en Parga", indican.

A plataforma editou un folleto informativo e creou un páxina de Facebook para dar conta das próximas actuacións, entre as que figura unha reunión aberta a calquera persoa interesada, para facer propostas e grupos de traballo. Será este domingo día 20, ás 13.00 horas, no local dos pulpeiros da entrada da feira. 

Comentarios