sábado. 08.05.2021 |
El tiempo
sábado. 08.05.2021
El tiempo

Parga insiste: "Ou variante ou que quede como está"

Os veciños achegáronse a consultar o novo plan de Adif, antes do comezo da asemblea. C. PÉREZ
Os veciños achegáronse a consultar o novo plan de Adif, antes do comezo da asemblea.
Os veciños rexeitan o novo plan de Adif para suprimir os pasos a nivel

Pasaron case tres anos, e o que antes era un paso soterrado baixo o principal paso a nivel de Parga agora podería ser un elevado por detrás da Praza da Estación, pero a resposta dos veciños ante os plans de Adif non varía: "Ou variante ou que quede como está".

Unha votación a man alzada entre os preto de cen asistentes á asemblea convocada onte no pavillón do Ceip Santo Estevo pola plataforma Parganonsedivide deixou constancia do abrumador apoio que esta premisa ten entre a veciñanza, que unha vez máis lle pide a Adif unha solución para a supresión dos pasos a nivel que non pase por dividir o pobo en dous: "Non aceptaremos ningún proxecto que o faga", aseguran.

A xuntanza veciñal convocábase logo de que o Concello se reunise cos representantes da plataforma para presentarlles o novo proxecto remitido por Adif, comprometendo ademais unha futura reunión con persoal do administrador ferroviario para debater as posibles opcións.

Nunha breve explicación –o plano exporase no local do polbo do campo da feira para quen queira velo– indicouse que contempla a creación dun paso superior para o tráfico, con saída á Avenida da Paz, á altura das vivendas sociais, que enlazaría ao outro lado da vía coa Avenida da Estación –son uns 700 metros de vía-, dando un rodeo por unha estrada de nova construción, habilitada por unha zona de prados.

Os veciños amosaron as súas dúbidas sobre como serían e onde estarían os pasos para peóns, a problemática que podería supoñer que o novo vial discorra por unha zona que se inunda ou as dificultades que podería ter que afrontar o tráfico rodado nese trazado, ademais dos rodeos que terían que dar os veciños para acceder a determinados lugares da vila.

"Hai que quitar o paso a nivel?", preguntáronse tamén, lembrando que son moitos os anos que se lle leva dando voltas a esta idea, cando na actualidade hai pouca circulación –cifraron nunha media de sete os trens diarios–. O que si pediron foi unha mellora da seguridade e un reforzo nas barreiras, ao entender que a instalación actual está obsoleta e dá problemas.

Parga insiste: "Ou variante ou que quede como está"
Comentarios