A parede dunha casa despréndese en Muxén e obstrúe a calzada

Para acceder a este núcleo de Ribeira de Piquín hai que empregar unha vía alternativa, que se atopa en paralelo á que está bloqueada
Derrubamento sobre a calzada. D. CENDÁN
photo_camera Derrubamento sobre a calzada. D. CENDÁN

Unha parede dunha casa en ruínas do núcleo de Muxén, no concello de Ribeira de Piquín, desprendeuse na mañá do venres ocasionando unha obstrución total da calzada.

Para acceder a este núcleo haberá que empregar, ata que se retiren os cascotes da vía afectada, unha alternativa que se atopa xusto ao lado, en paralelo, e que permite acceder ao mesmo lugar aínda que se varíe a ruta.

O muro que se desprendeu pertence a unha vivenda que actualmente está en ruínas, situada nun alto á beira da calzada. A caída afectoulle ao terreo, onde, ademais das pedras que formaban a estrutura do inmoble, tamén caeu terra do bordo do terreo.

No momento exacto no que se produciu o acontecemento non había xente no lugar, polo que non houbo ningunha persoa afectada e os danos foron exclusivamente materiais.

O Concello de Ribeira de Piquín será o encargado de retirar os restos que obstrúen a vía e así volver habilitar a calzada para o paso de turismos e maquinaria ao núcleo de Muxén con total normalidade

Comentarios