O Festival de Pardiñas fai os 40 cun carro de xente

O festival bate récords de asistencia na celebracións dos seus 40 veráns

Os versos musicados do poema O carro entonados ao unísono sobre o escenario e ao pé del, puxeron fin a un simbólico e reivindicativo pregón a cinco voces no que se repasaron non só as catro décadas do Festival de Pardiñas, senón os anos de loita a prol da cultura galega, tanto dos que están coma dos que estiveron.

"Chegamos aquí polos esforzos de moita xente", aseguraba María Manuela, que volvía subir ao palco da "casa da nosa cultura" 40 anos despois daquela primeira edición.

O festival rematou este domingo a celebración coa súa voz e moitas outras, como as de Xurxo Souto o Kevin Weatherill. E con récord de asistencia.

► Le a crónica completa do festival na edición impresa deste luns de El Progreso ◄

Comentarios