Cancelado o concerto de Beret en Vilalba

A promotora decidiu, xunto co equipo do artista, suspender a actuación polas condicións meteorolóxicas
Cancelado o concerto de Beret en Vilalba. EP
photo_camera Cancelado o concerto de Beret en Vilalba. EP

O Campo da Feira de Vilalba non recibirá hoxe ao artista Beret ao verse cancelada a cita por mor das condicións meteorolóxicas, unha decisión acordada entre a promotora do concerto, Esmerarte Industrias Creativas e o equipo do artista. A actuación contaba co apoio da Xunta, ao estar incluída no ciclo dos concertos do Xacobeo

A empresa fixo pública a suspensión a través dun comunicado nas súas redes, incidindo en que as inclemencias meteorolóxicas poderían supoñer "un riesgo para el equipo técnico, el artista y el público asistente".

"Esmerarte Industrias Creativas y Urbania Events hemos estado todo el día trabajando para evitar esta cancelación pero la situación metereológica imposibilita la celebración del concierto", engadiron, pedindo desculpas "los inconvenientes" e emprezando aos seguidores de Beret á actuación deste mércores en A Guarda.

O propio artista confirmaba tamén a través das súas redes sociais a cancelación do evento, sinalando "causas meteorolóxicas de última hora" como o motivo.

Á súa vez, o Concello de Vilalba tamén emitía un comunicado a través das súas redes sociais anunciando a decisión e advertindo da ausencia de responsabilidade do goberno local ante a resolución. "Só colaboramos no dispositivo de seguridade e loxística", explicaban dende a entidade municipal, a cal lamentou tamén "a falta de previsión por parte da organización".

Este comunicado por parte do Concello causou sorpresa na promotora, xa que fixo se público antes incluso da suspesión oficial do concerto. "Nos sorprendió encontrarnos en las redes sociales un comunicado emitido por el Concello de Vilalba que no se ajusta a la realidad, previo a la suspensión oficial del concierto", lamentaron, aclarando que lle explicaran a situación ao Concello e que se deran de marxe ata as 20.30 horas para ver si finalmente era posible levar a cabo a actuación, tal e como era o desexo de Esmerarte e do equipo do artista.

O concerto de Francisco Javier Álvarez Beret, que estaba programado para este martes ás 22.00 horas con entrada gratuíta, quedou deste xeito suspendido, sen confirmarse polo momento se o espectáculo poderá desfrutarse noutra data. 

Comentarios