Miércoles. 21.11.2018 |
El tiempo
Miércoles. 21.11.2018
El tiempo

Once locais participan no II Castronomía de Outono

Organizadores de Castronomía de Outono. C.PÉREZ
Organizadores de Castronomía de Outono. C.PÉREZ

As xornadas de tapeo, que serán do venres 2 ao domingo 4 en Castro de Ribeiras de Lea, contan coa colaboración de varias empresas da zona e buscan promocionar os produtos locais

Este venres, día 2, estrearase a segunda edición de Castronomía de Outono, organizado nesta ocasión por Nuria Martínez (Mariva), Miguel Lombardía (Améndoa), Carlos González e Lucía Falcón (Fénix) e Marisol Rodríguez e Miguel Doval (LyM).

Once establecementos de Castro de Ribeiras de Lea —Lea, Chus, Puente, Suso, Paco, Sagitario, Mariva, Arrincadeira, LyM, Fénix e Améndoa—, participan nesta cita, na que servirán ata o domingo 4, ao prezo único de 1,50 euros, tapas ideadas para exaltar os produtos da zona.

As tapas degustaranse a un prezo único de 1,5 euros e os que as caten todas entrarán no sorteo dunha fin de semana no Talaso Atlántico de Oia

As firmas locais Mar de Lorbé, Quescrem, Croketas D, Grupo Sada, Surexport, Frilea e Leitigal achegan a materia prima para  esta iniciativa gastronómica, polo que os seus produtos —fíxose un sorteo entre os hostaleiros para saber cales lle tocaban a cada quen— estarán presentes nas tapas que degustarán os clientes. A maiores, os organizadores tamén contan coa colaboración de Estrella Galicia, Abanca, Gaseosas La Pitusa e o Concello de Castro de Rei.

O público, que poderá saborear as propostas dos once locais entre as 20.00 horas e a medianoite, os días 2 e 3, e de 12.00 a 15.00 horas, o domingo 4, tamén poderá entrar no sorteo dun premio valorado en 600 euros, unha estancia de fin de semana para dúas persoas, con todo incluído, no hotel Talaso Atlántico de Oia, sempre que completen a ruta e proben todas as tapas.

Próximas convocatorias
Os catro locais organizadores da Castronomía de Outono son tamén os responsables de promover o que xa será a sexta edición do concurso de tapas de Castro, fixado para os días 5,6 e 7 e 12,13 e 14 de abril de 2019. E como novidade este ano , a comisión tamén quere dinamizar a vila no Entroido, organizando un desfile de disfraces o sábado 9 de marzo. A falta de definir as bases, contan con repartir ao redor de 2.000 euros en premios. 

Once locais participan no II Castronomía de Outono
Comentarios