martes. 16.07.2019 |
El tiempo
martes. 16.07.2019
El tiempo

Obituario: José Martínez descansa en Duarría

'José da Vilanova', como era conocido este albanel, contaba 82 años de edad

O cemiterio de Duarría, en Castro de Rei, foi escenario do último adeus a José Martínez García, 'José da Vilanova'. Nesa parroquia naceu hai 82 anos e nela pasou a maior parte da súa vida, fóra dos sete anos que xunto a súa dona, Aurora Fernández Bao, pasaron en Bilbao. Foi ao comezo do seu matrimonio, pero decidiron volver a Duarría para formar a súa familia. El dedicouse toda a vida á albañilería, onde destacou durante toda a súa traxectoria profesional como unha persoa seria e moi traballadora, e ela centrouse nos labores domésticos.

Tiveron tres fillos: José María, falecido nun accidente de tráfico; Alfonso, propietario de Construcións Vilanova, de Duarría, e Nuria, xerente de Cousas en Castro e de Cafetería Mariva en Castro de Ribeiras de Lea.

Tras varios anos loitando contra unha enfermidade, José faleceu o pasado venres e xa descansa para sempre na súa Duarría natal.

Obituario: José Martínez descansa en Duarría
Comentarios