jueves. 02.04.2020 |
El tiempo
jueves. 02.04.2020
El tiempo

O Ratiño Pérez asegura que seguirá a recoller os dentes que caian durante o confinamento

O ilustre veciño de Vilalba transmitiu a través das redes sociais unha mensaxe de tranquilidade, asegurando que ten un "pase especial" para desenvolver o seu labor e animando a todo o mundo a cumprir coas recomendacións sanitarias

O Ratiño Pérez. EP

Unha das grandes preocupacións dos máis pequenos da casa durante estes días de peche forzoso e se, no caso de caerlles un dente, o Ratiño Pérez ía acudir a recollelo coma sempre. Pois foi o propio aludido, nunha mensaxe difundida a través das redes sociais, quen confirmou que conta cun "pase especial" para seguir desenvolvendo este importante labor e "que ninguén perda a ilusión a pesar do confinamento polo coranavirus"

Na casa do Ratiño Pérez. EPMalia as súas condicións extraordinarias, este ilustre veciño de Vilalba tamén aproveitou para animar a todas as persoas a ser responsables e a saír da casa só en caso de máxima necesidade: "Se se blinda o país será por algo...sobran moitas cousas que facer na casa! A saúde é o principal...", precisa o Ratiño Pérez noutra mensaxe virtual, acompañada con varias escenas domésticas. 

 

O Ratiño Pérez asegura que seguirá a recoller os dentes que caian...
Comentarios