O Instituto de Estudios Chairegos inagurou este venres a mostra Fauna Chairega no auditorio Carmen Estévez de Vilalba, una ampla colección con imaxes de dous fotógrafos afeccionados da zona que poderá verse ata o 26 de abril.
Dunha banda, animais que moitas veces pasan desapercibidos, aínda as especies máis comúns estean por todas partes. Retratos de insectos ou de arácnidos danlle forma á colección do vilalbés Manuel Sanmartín, que recolle una selección das imaxes coas que colabora coa web Fotografía y Biodiversidad.
Da outra, aqueles aos que os pequeniños lles poden servir de alimento. Aves ou mamíferos recollidos no seu hábitat grazas á paciencia de Juan José Manzano De la Comba, afincado en Castro de Rei, que recolle incluso a imaxe dun esquivo lobo.
Ambos fotógrafos agradeceron ao Iescha a oportunidade de dar a coñecer a súa obra ao público en xeral, logo de que parte dela xa puidese verse con anterioridade no IES Basanta Silva.