Jueves. 20.09.2018 |
El tiempo
Jueves. 20.09.2018
El tiempo

O éxito está na variedade

Actuación na Feira de Maquinaria Usada de Cospeito. C.PÉREZ
Actuación na Feira de Maquinaria Usada de Cospeito. C.PÉREZ

A XXIX Feira de Maquinaria Usada e Artesanía e XIII Feira de Antigüidades de Cospeito pechou cunha grande afluencia de público e boas vendas, segunda a valoración do Concello

A XXIX Feira da Maquinaria Usada e Artesanía e XIII Feira de Antigüidades de Cospeito clausurouse este domingo cun novo éxito de asistencia de público, malia a que o tempo non acompañase na súa segunda xornada, e unas boas vendas, segundo a primeira estimación do Concello, organizador da cita.

"Os expositores están contentos", precisou o alcalde de Cospeito, Armando Castosa, logo de cualificar como "éxito rotundo" unha "grande edición, cun dos mellores sábados da última década e un domingo espectacular, aínda que a auga enfriase algo o ánimo". "Estamos satisfeitos, porque un ano máis volvemos contar con milleiros de visitantes", engadiu o rexedor, destacando o atractivo que supón contar cunha feira na que prima a diversidade.

E é que como o seu propio nome indica, a maquinaria, a artesanía e as antigüidades son o motor dun evento multisectorial que non fica só aí, pois tamén conxuga gastronomía, coa presenza de produtos autóctonos, ou xardinería.

Á oferta dunha filloeira preparando un manxar que vivirá o seu día grande este martes en Muimenta, únense os queixos con selo vilalbés de Don Crisanto ou as larpeiradas de Bombones y Chocolates Moreno de Ribadeo.

"Viñemos o ano pasado por primeira vez e repetimos porque foi ben, ademais estamos contentos co trato e coa organización", explican dende a firma ribadense, destacando a "sorpresa agradable" que levaron ao ver a reforma das naves de artesanía. Esta aceptación reitérase nos produtores de queixo San Simón, fieis á cita cospeitesa nos últimos cinco anos: "Dámoslles un aprobado alto, está moi ben e hai que seguir mellorando", din, agradecendo a boa xornada do domingo, malia a inestabilidade meteorolóxica.

Noutro espazo do abarrotado recinto feiral, son a arte da topiaria -darlle unha forma a unha planta ao podala-, as oliveiras ou as árbores xaponesas as que espertan a curiosidade dos visitantes, segundo din desde Nuevos Jardines, un dos expositores dun recuncho que xa ten nome propio: Feira de Flores e Planta Ornamental.

E ata a reciclaxe conta co seu oco en Feira do Monte, coa presenza da campaña informativa Separar con xeito para reciclar a feito, coa que Xunta e Ecoembes tratan de concienciar sobre separar refugallos e potenciar o uso dos contedores amarelo e azul.

O éxito está na variedade
Comentarios