"Nesta zona case non hai o servizo de estética e eu decidín ofrecelo"

Con só 23 anos a cospeitesa Silvia González vai ver o seu soño feito realidade, abrir o seu propio centro de estética na súa localidade, Feira do Monte
Silvia González. EP
photo_camera Silvia González. EP

Cando inaugura o centro de beleza Silvia González?

Este sábado, a partir das 17.00 horas, ofrecerei uns pinchos para toda a xente que queira vir coñecer o local. Pero a inauguración oficial será o próximo martes.

Como xurdiu a oportunidade de abrir o seu propio negocio?

Xurdiu porque ata o de agora na maioría dos casos tiven contratos temporais ou só para o verán. Nas cidades probablemente haxa máis oportunidades pero nos pobos non hai tantas e eu xa quería ter un traballo estable.

Onde se localiza e que horarios terá?

O centro está na Avenida Río Támoga, no número 14. Abrirei de martes a xoves de 9.00 a 13.30 e de 15.30 a 20.00 horas. Os venres haberá xornada intensiva de 9.00 a 19.30 horas. E os sábados só de mañá, de 9.00 a 14.00 horas.

Que servizos vai ofrecer?

O centro será unisex, tanto para homes como para mulleres. De peiteado ofrecerei todo tipo de servizos e de estética moi variados, desde manicura semipermanente, tratamentos faciais e corporais ou maquillaxe. E non descarto ir incorporando novos servizos en función da demanda, como solarium ou depilación láser.

Tiña experiencia previa neste mundo?

Conto con formación en peiteado e tamén teño un ciclo superior en estética. Nos últimos anos traballei en varios salóns de peiteado en Castro de Rei e nun en Cospeito.

Por que decidiu enfocarse sobre todo á estética?

Decidín enfocarme á estética porque por esta zona case non hai este servizo entón paréceme unha boa oportunidade para ofrecerlle aos veciños.

Comentarios