Nerea Fernández: "Esperamos unhas 150 persoas e haberá varios sorteos"

É unha das integrantes da comisión que organiza as festas patronais da Pastoriza
Nerea Fernández. EP
photo_camera Nerea Fernández. EP

A comisión de festas da Pastoriza, formada por Nerea, Raúl, Sara, Lidia e Andrea, organiza este venres, 22 de marzo, a súa xa tradicional cea baile para recadar fondos de cara á organización das festas patronais.

Que teñen preparado para o venres?
Os membros da comisión organizamos unha cea baile na antiga ladrilleira a partir das 22.00 horas para recadar fondos de cara ás patronais da Pastoriza na honra a San Salvador.

Quen servirá a comida?
A comida está a cargo do hotel- resturante Casa da Luz de Bretoña. O menú está composto por arroz caldoso, xarrete estofado e un postre caseiro. O prezo é de 30 euros para os adultos e de 15 para os nenos que teñan ata 12 anos.

Teñen preparada algunha sorpresa para os asistentes?
Tras a cea, haberá unha actuación musical a cargo da solista Sandra. Tamén venderemos rifas para entrar no sorteo de agasallos que doaron os establecementos da Pastoriza e coa entrada tamén se participa no sorteo dun bono para gastar nos negocios da localidade.

Canta xente esperan?
Esperamos unhas 150 persoas. O prazo para anotarse remata ao longo do día de hoxe, polo que quen queira aínda pode facelo poñéndose en contacto cos membros da comisión.

Esta actividade xa se converteu en toda unha tradición, non si?
Facémolo todos os anos e nós é a segunda que organizamos. Estamos moi contentos, non só polo que se recada, senón porque tamén é unha oportunidade para xuntarse os veciños.

Comentarios