NECROLÓXICA. Manuel Villares González

Centro de flores. EP
photo_camera Centro de flores. EP

A igrexa de San Xiao de Cazás acolle este martes o adeus a Manuel Villares González, rodeado dos seus, na mesma parroquia na que nacía hai 96 anos, no seo dunha familia de ferreiros. Ao casar co Adelina Paz deixou o seu Capeirón natal, pero non foi para moi lonxe, pois a parella instalouse en Landoi a onde Manuel volvería logo dunha etapa en Francia, país ao que emigrou co obxectivo de garantirlles o mellor futuro posible aos seus tres fillos, Ramón (exrector da USC e historiador), Fina e Juan Villares Paz. Definido por aqueles que o trataron coma unha persoa moi educada e dialogante, un deses homes bos e xenerosos de Galicia, posuidor dunha gran querencia pola cultura que soubo transmitirlle aos seus fillos. Manuel finaba este domingo en Vigo, onde vivía, e os seus restos mortais foron velados polos seus no Tanatorio Azahar de Vilalba, dende onde saíron este martes ás 12.00 horas cara ao cemiterio de Cazás. A continuación celebrarase a misa funeral.


R.L.