Nada se sabe do afortunado que levou 1,2 millóns da Bonoloto no Matodoso

O único acertante da primeira categoría validou a súa aposta, simple, o sábado pola tarde no bar Centro. É o terceiro premio millonario en 48 anos que reparte este local de Castro de Rei
José Ferreiro e a súa filla Ángeles, propietarios do establecemnto. S.IGLESIA
photo_camera José Ferreiro e a súa filla Ángeles, propietarios do establecemento. S.IGLESIA
A mellor das noticias para José e a súa filla Ángeles chegaba por teléfono preto das 22.30 horas deste sábado. Era unha chamada desde Loterías, confirmando que no seu bar, o Centro, no Matodoso (Castro de Rei), se selara un boleto da Bonoloto agraciado con 1.240.330 euros, o premio correspondente á primeira categoría, con seis acertos. E o afortunado, o único acertante e cuxa identidade se descoñece polo momento, subiuse ao carro da sorte ao límite, xa que tal e como recorda o propietario, José Ferreiro, a aposta "foi de máquina, simple e sacada preto da noite".

Nada se sabe sobre quen é, ou iso din, pese a que as cábalas e suposicións centraban as conversas dos clientes na mañá de onte. Ata o propio José creu dar co agraciado e chamouno para confirmar, "pero díxome que a el non lle tocara; supoño que non tardará moito en saberse quen foi", vaticina un home ao que xa lle tardaba repartir sorte.

"Xa era hora", dice ao preguntarlle sobre que se sente entregando un galardón así. "En 48 anos que levo rexentando este negocio repartín tres premios millonarios: o primeiro fai 34 anos, dous millóns e medio de pesetas coa Primitiva, e o segundo xa non recordo cando, pero si que era de 9.185.000 pesetas e tamén da Primitiva, así que xa lle tocaba", comenta mentres lembra que ambos foran a parar a veciños da zona. Neste caso, sendo un bar situado á beira do cinturón comarcal, "o gañador pode ser de calquera lado", xa que pola LU-P-1611 transitan a diario camións do leite, penso e varios de camiño a Finsa, en Rábade, ademais de ser un lugar transitado pola xente do concello de Cospeito e parroquias limítrofes.

As felicitacións sucedéronse ao longo de toda a mañá, aínda que o champaña non correu polo bar Centro. "A nós non nos tocou o millón, así que quen ten que brindar é o afortunado", dice José con alegría contida que traspasa a máscara, desexoso de que os premios "deberían caer un por semana". "É algo bo para todos", di, ao tempo que agarda detrás da barra a que a fortuna non tarde tanto en facer soar o teléfono.

Máis de 50.000 euros no Courel

A Bonoloto deste sábado repartiusorte por toda a provincia,de norte a sur, e ao premio deprimera categoría que caeuno Matodoso, sumouse un desegunda en Folgoso do Courel.

Bar O Mirador

No local rexentado por Alfredo Arza, o bar O Mirador, é o primeiro gran premio que se entrega nos preto de 14 anos que levan ofrecendo o servizo de Loterías. Alí selouse un dos tres boletos agraciados na segunda categoría, polo que o afortunado recibirá 57.238,31 euros por cinco acertos e o complementario.

Acertante

Arza recoñece que "máis ou menos" sabe quen levou o premio. Pode ser da zona, xa que "antes había máis xente de paso por aquí, pero co covid hai moita menos", asegura o hostaleiro.

Comentarios