Os músicos de Guitiriz organizan Vai de Festa!

A xuntanza terá lugar no restaurante La Casilla o día 24, nunha cea fixada para as 21.00 horas

As distintas agrupacións musicais de Guitiriz celebrarán o vindeiro sábado 24 Vai de Festa!, a súa primeira xuntanza de irmandade.

A partir das 21.00 horas, desenvolverase no restaurante La Casilla una cea que incluirá concertos e baile a partir das 23.00 horas, con actuacións de músicos e grupos da localidade.

Os tickets para asistir a esta particupar noite de verbena xa se poden adquirir na Escola Municipal de Música de Guitiriz o no propio restaurante, a un prezo de 15 euros.

Comentarios