O músico Juan Castro Lodeiro presenta este xoves o seu novo libro en Vilalba

O cita está fixada para as 20.00 horas no Centro Cultural e Recreativo e incluirá a actuación de Irmandades do Falo
Irmandades do Falo. C.PÉREZ
photo_camera Irmandades do Falo, nunha actuación en Vilalba. C.PÉREZ

O músico Juan Castro Lodeiro presenta este xoves no Centro Cultural e Recreativo de Vilalba o seu novo libro, Aquí non pasa nada. Historias musicais de Lugo. A cita, que dará comezo ás 20.00 horas, contará coa actuación do grupo local Irmandades do Falo, formado por músicos vencellados á Banda de Música de Vilalba e ao conservatorio municipal da capital chairega.

A publicación, editada coa colaboración do Servizo de Publicacións da Vicepresidencia da Deputación, recolle a historia da creación musical na cidade de Lugo e, tamén, no resto da provincia, deténdose en músicos, bandas, locais e festivais que protagonizaron a vida musical lucense nas últimas décadas.

Maite Ferreiro e Juan Castro Lodeiro na presentación do libro en Lugo, xunto ao músico lucense César Lopez
Maite Ferreiro e Juan Castro Lodeiro, na presentación do libro en Lugo, xunto ao músico César Lopez. EP

O acto forma parte dunha xira de presentacións-concerto promovidas polo organismo provincial co obxectivo de contribuír na difusión do libro, así como apoiar a músicos e grupos locais. Lugo e Foz foron as primeiras paradas deste tour que continúa hoxe na capital da Terra Chá.

Sarria, o 4 de maio, Chantada, o 5, e Monforte de Lemos, o 6, serán as seguintes puntos onde Juan Castro Lodeiro presente Aquí non pasa nada. Historias musicais de Lugo.

Comentarios