Descubre o recuncho de... Daniel Paz

Muíño de Vilademouros: marco mollado de tres parroquias

Daniel Paz ten moitos recordos de infancia asociados a este punto de encontro onde conflúen Román, Árbol e Carballido e que durante anos foi a empresa de Daniel de Valente e da súa muller, Amelita
MUIÑO VILADEMOUROS (17)
photo_camera Presa do Rego de Santa Baia, xunto ao muíño. M.ROCA
O lugar
Trátase dunha presa no coñecido como Rego de Santa Baia, que nese punto fai de límite das parroquias vilalbesas de Román, Carballido e Árbol.
Como chegar
A forma máis sinxela é dende a LU-120, tomando o desvío cara á igrexa de Román e seguindo as indicacións ata o Ceip Terra Chá. Unha vez alí, hai que continuar de fronte pasando ao lado de Casa do Rouco, que queda á esquerda, e circular aproximadamente un quilómetro.
Curiosidades
Moi preto da ponte está o Cruceiro da Florida, na honra a unha persoa que faleceu afogada alí.

 

Ás veces, camiñar ou circular por vías descoñecidas permite achegarse a recunchos especiais e que impresionan no momento no que se ve. O coñecido como río e muíño de Vilademouros, no concello de Vilalba, é deses lugares que sorprenden á primeira vista e case sobrecollen coa súa beleza.

Ao cruzar pola ponte da vía municipal que une as parroquias de Román e Árbol, indo do lado desta última, xa se ve e escoita como cae a auga da presa do muíño, tamén coñecido na zona como muíño do Daniel do Valente, o cal funcionou a pleno rendemento e cunha boa capacidade ata hai uns anos da man do propio Daniel e da súa dona, Amelita.

MUIÑO VILADEMOUROS (25)

Ademais de lugar de xuntanza á hora de ir moer, este punto que fai de límite entre tres parroquias vilalbesas tamén servía antano de encontro de veciños, sobre todo dos máis pequenos, no verán, xa que aproveitaban a illa que se forma no medio, entre a presa e a ponte, para gozar refrescándose na auga deste río, tal e como recorda, volvendo a vista atrás, Daniel Paz, natural de Román.

E non só deste remanso da natureza se pode desfrutar na zona, xa que o patrimonio dos canteiros ou a gastronomía chairega tamén poden completar con éxito este paseo por Vilademouros.

MUIÑO VILADEMOUROS (8)

Comentarios