Sete mozos organizan por terceiro ano consecutivo as festas de Ribeira de Piquín

A actual comisión, que recuperou os festexos, ten previstos unha churrascada, unha comida popular, xogos para os máis pequenos e moitas actuacións 

Comisión de fiestas de Ribeira de Piquín. EP
photo_camera Comisión de fiestas de Ribeira de Piquín. EP

Sete mozos, con representación das cinco parroquias do concello, organizan por terceiro ano  consecutivo as festas patronaisde Ribeira de Piquín, tras recuperalas do olvido.

"O balance é moi positivo. O primeiro ano estiveron moi ben e o segundo, mellor aínda", din Laura, Marta, Noelia, José Pablo, Abel, Pablo e Alberto, que esperan acadar un novo éxito. As celebracións serán os días 27 e 28 de xullo.

O venres pola noite haberá unha churrascada gratis, que preparará a propia comisión. Despois, tocarán as orquestras Mar de Arousa e Costa Dorada. O sábado actuará Tokio na sesión vermú, antes da  comida popular (os interesados xa poden reservar tickets nos números 669.92.03.11 ou 671.21.68.21)  que será na área recreativa. Pola tarde haberá xogos acuáticos e a actuación de Leña  Verde e, na verbena, de Tokio e de Charleston Big Band.

Dende a comisión de festas agradecen a colaboración dos veciños, aos que animan a levar a camiseta que deseñaron para a ocasión e que aínda está á venda. 

Comentarios