A mostra 'Imaxes do Nadal' pode verse en Vilalba ata o día 15

A exposición recolle 39 fotografías de nove artistas que amosan a súa visión destas datas

Inauguración da exposición Imaxes do Nadal en Vilalba. C.PÉREZ
photo_camera Inauguración da exposición 'Imaxes do Nadal' en Vilalba. C.PÉREZ

O Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá e o Centro Cultural José Domínguez Guizán, no marco dos actos do belén de Begonte, organizan a mostra itinerante 'Imaxes do Nadal', que pode verse na casa da cultura ata o vindeiro día 15.

A exposición, que se estreaba o pasado Nadal e este ano xa pasou por Guitiriz e por Rábade, recolle un total de 39 fotografías de nove fotógrafos. Unha delas escolleuse in memoriam de Toñi Fernández Ónega e o resto son de Eduardo Ochoa, Miguel Calvo, Fernando Gago, Miguel Fraga, Xosé Manuel Otero, Juan Manuel Guisasola, G.L. Méndez e Hixinio Flores.

Comentarios