miércoles. 12.08.2020 |
El tiempo
miércoles. 12.08.2020
El tiempo

Morre Perfecto Morán, cofundador da Hermo, o mesmo mes do falecemento do seu irmán

Perfecto Morán. AEP
Perfecto Morán. AEP
As persoas máis cercanas destacan o seu carácter "tranquilo e apacible"

Perfecto Morán, cofundador da discoteca e da panadaría Hermo xunto ao seu irmán Antoniofalecido este pasado 1 de novembro– morreu este xoves aos 85 anos na súa casa de Muimenta

O home fíxose cargo durante a gran parte da súa vida do negocio panadeiro, mentres que o seu irmán se encargou do local nocturno.

Este veciño deixa a súa pegada no pasado zoqueiro da localidade e a mostra diso pódese comprobar no Museo da Zoca, onde unha fotografía súa xunto ás de outros seis compañeiros de profesión, recordará para sempre o traballo artesanal de Perfecto, quen viviu in situ a inauguración das instalacións museísticas. Un acto ao que só faltou o seu irmán Antonio, zoqueiro tamén.

De Morán destacan os que o coñeceron o seu carácter "tranquilo e apacible", ademais de ser "un colaborador para todo que axudaba no que podía". Ese trazo quizais foi o determinante para darlle forma ao currículum que deixa na memoria de tódolos seus veciños. Foi un dos fundadores da S.D. Muimenta, "o socio número 1 e un dos que puxo a primeira pedra deste humilde equipo", recordaban dende o club ao que regresou a formar parte da directiva fai uns dez anos.

A súa traxectoria non acababa aí e en 1988 e 1993 foi membro da comisión organizadora da Moexmu, ademais de ocupar actualmente o cargo de presidente da comunidade de montes da Regavella.

Perfecto Morán marcha deixando un fondo baleiro na súa muller Alicia, nas súas fillas Esther e Rosa –voceira do grupo socialista en Cospeito- e no resto da súa familia.

A eles unirase todo un pobo para despedilo este venres ás 16.30 horas, momento no que os seus restos sairán dende o tanatorio Alvariño para darlle o último adeus na igrexa parroquial de Muimenta.

Morre Perfecto Morán, cofundador da Hermo, o mesmo mes do...