A Moexmu ofrecerá unha mostra fotográfica sobre o porco celta promovida por Asoporcel

Esta é unha das principais novidades dunha cita que se desenvolverá no recinto feiral Manuel Vila de Muimenta, onde xa se está traballando para ter todo preparado de cara a inauguración o vindeiro día 31 de marzo
Armando Castosa y José Manuel Rus. EP
photo_camera Armando Castosa y José Manuel Rus. EP

A Moexmu ofrecerá ao público que se achegue ata o recinto feiral Manuel Vila de Muimenta a posibilidade de desfrutar da mostra fotográfica itinerante da Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta (Asoporcel) Crónica da pegada do porco celta en Galicia, onde narra, a través de medio cento de imaxes, a historia recente desta raza autóctona galega, así como da aparición da asociación e doutros fitos acadados no seu case medio cuarto de século.

Con esta mostra, que estará instalada ata a Festa da Filloa o 1 de maio, a asociación busca achegar aos consumidores o labor desempeñada polos gandeiros desta raza, así como facelos coñecedores das características e das bondades das súas carnes.

O obxectivo final é que os visitantes "axuden a preservar este animal e a saborear os seus produtos derivados", explican desde a Moexmu, desde donde xa se traballa, coa colaboración do persoal do Concello de Cospeito e da comisión organizadora, nas labores de preparación do recinto feiral de cara a inauguración dunha nova edición desta lonxeva cita, que se desenvolverá os días 31 de marzo e 1 e 2 de abril. 

Comentarios