Mini e Mero entran no Paseo dos Soños de Vilalba

Dous "músicos excepcionais", Mini e Mero, sen os que non se entendería a historia galega do último medio século, quedan inmortalizados no duocécimo Hectómetro literario

 

 

Nove días de xuño de 1951 separan e unen o nacemento e as vidas de Xosé Luís Rivas Cruz en Pacios (Begonte) e de Baldomero Iglesias Dobarrio en Vilalba, Mini e Mero, dous "cantores da terra" que este sábado entraban da man no Paseo dos Soños de Vilalba, perpetuados no duocécimo Hectómetro Literario, creación de Valdi con debuxos de María Guerrero.

"Aquí estamos, outonizos, celebrando a tribo. Celebrando un soño de soños feito paseo, cada fito desta rota é un soño compartido pola tribo, pezas singulares do grande puzzle que conforman o soño matrio", resumía un emocionado Mini nos seus agradecementos, aludindo á liberdade e ao traballo colectivo, "aos centos de protagonistas" que sumaron no seu camiño.

Le a crónica completa na edición impresa deste domingo de El Progreso

Comentarios