viernes. 18.10.2019 |
El tiempo
viernes. 18.10.2019
El tiempo

Meira lembra o finado Xose da Flor o día 30 con fútbol, xogos e moito cine

Xosé Salgado
Xosé Salgado

Os actos incluirán a estrea da película ‘Dhogs’, con dous pases previstos

Varios colectivos e numerosos amigos xuntaranse o día 30 en Meira para lembrar a Xosé Salgado, coñecido como Xose da Flor e finado o 15 de novembro aos 31 anos, nunha intensa xornada de actos que incluirá fútbol, diversos xogos e moito cine. A xornada comezará ás 12.00 horas cun amigable de fútbol promovido polos dous equipos nos que militou Xose, UD Pastoricense e Meira CF. Máis de 40 amigos repartiranse entre ambos conxuntos para un partido arbitrado por un colexiado de Segunda B, no que o de menos será o resultado.

Ás 14.00 horas haberá un xantar nos barracóns da feira, para o que xa están apuntadas máis dun cento de persoas e que contará con intervencións de amigos, coma O Leo i Arremecaghona! ou Carmen Conde. A continuación, disputarase un aberto de billarda da LNB e Xotramu permitirá probar distintos xogos tradicionais.

O festival M de Cine, organizado por Gaitafilms, abrirase ás 18.30 horas na casa da cultura con Microefectos Dramatúrxicos, que escenificará Magic man (de Meira), unha adaptación dun texto de Xose da Flor. Despois proxectaranse os tradicionais test meiregos e as curtas Matria, Einstein-Rosen, Cat in the window, Escarabana e Amanece Despejado.

O público elixirá a gañadora, que recibirá ás 21.30 o premio Xose da Flor, xusto antes do primeiro pase de Dhogs, que contará cun segundo pase ás 23.30 horas e a presenza dalgúns dos seus protagonistas. A entrada é gratuíta, pero é necesario ter invitación, que se pode retirar nos bares Centro, Tibor, Pedreira ou na propia casa da cultura. e tamén no correo [email protected]

EXPOSICIÓN E SINATURAS. Na casa da cultura tamén se pode ver dende hoxe unha mostra de fotos de Xose da Flor e escritos do seu blog Onde non me chaman. Alí haberá tamén unha mesa para recoller sinaturas de apoio á proposta de nomear a XoséSalgado Fillo Predilecto de Meira e pórlle o seu nome á biblioteca municipal.

Meira lembra o finado Xose da Flor o día 30 con fútbol, xogos e...
Comentarios