Medio Rural destina 90.000 euros ao Concello de Xermade para a compra dun novo tractor

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, visitou o municipio para formalizar a entrega desta nova maquinaria que servirá de apoio á competencia local de mantemento das infraestruturas rurais libres de maleza

José Manuel Balseiro entrega el nuevo tractor al Concello de Xermade. XUNTA DE GALICIA
photo_camera José Manuel Balseiro entrega el nuevo tractor al Concello de Xermade. XUNTA DE GALICIA

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, visitou este martes pola mañá o municipio de Xermade para formalizar a entrega dun novo tractor dotado de dous apeiros desbrozadores (un de arrastre e outro de brazo) que o Concello ten adquirido grazas a un convenio coa Consellería do Medio Rural que supuxo unha axuda de 90.000 euros.

O apoio autonómico permite á administración local dispoñer de máis medios para facer fronte á súa competencia relativa ao control forestal, máis en concreto, a necesidade de manter libre de maleza tanto as infraestruturas rurais, as redes secundarias de faixas de xestión de biomasa e determinadas parcelas municipais. Precisamente reforzar este apoio entre as diferentes administracións é un dos obxectivos do plan de 30 medidas da Xunta impulsa para mellorar a loita contra os lumes. 

Dos 35 convenios que se asinaron en toda Galicia e que supuxeron un desembolso de 3,1 millóns de euros, 13 pertencen á provincia de Lugo: en concreto, resultaron beneficiarios os municipios de Alfoz, Antas de Ulla, Carballedo, Castroverde, Chantada, Cospeito, O Incio, Monterroso, A Pastoriza, Ribadeo, O Saviñao, Trabada e Xermade

Os concellos seleccionados foron elixidos baixo criterios obxectivos, entre outros, tiveron en conta o número de habitantes (menos de 10.000), o número de entidades de poboación, ou que non recibiran motobombas novas por parte de Medio Rural nos últimos cinco anos.

Ademais, debían cumprir con algunha das seguintes esixencias: ter subscrito o convenio para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais durante os anos 2016, 2017 e 2018 nas súas tres liñas de actuación, ter rexistrada algunha Parroquia de Alta Actividade Incendiaria no seu territorio (PAAI) ou que teñan predios recoñecidos –ou en proceso de recoñecemento– da titularidade a través da Lei de Mellora Territorial Agraria de Galicia.

Comentarios